Ideario

PRINCIPIOS IDEOLÓXICOS SOBRE A PERSPECTIVA DE XÉNERO DA ASOCIACIÓN HOMES GALEGOS POLA IGUALDADE.

Homes Galegos pola igualdade parte dun concepto, modelo ou idea sobre a igualdade de xénero, baseada pos seguintes principios ou postulados:

  • Igualdade é ter os mesmos dereitos e as mesmas responsabilidades, sen ningunha distinción, e respectando a diversidade social, cultural e persoal.

  • A igualdade debe verse dende unha óptica integradora que respete todas as opinións, fundamentacións e reflexions sempre e cando estas non estean baseadas na discriminación e/ou segregación.

  • Consideramos a educación como o motor e o sustento básico para a reducción das desigualdades.

  • Cremos que mulleres e homes son cautivos dun proceso de socialización fundamentado na discriminación, segregación e desigualdade,o que non nos fai responsable da nosa propia identidade persoal.

  • Desexamos superar un modelo reactivo de culpabilidade da masculinidade por un modelo proactivo e constructivo na igualdade de xénero.

  • A igualdade non é propiedade nin está suxeita a ningunha ideoloxía política ou social.

  • Mulleres e homes debemos ir collidos da man, sen protagonistas nin antagonistas.

  • Non estamos resentidos coa masculinidade, simplemente non compartimos en absoluto o seu rol tradicional.

  • Rexeitamos calquera tipo de violencia, discriminación, separación e segregación.

  • Non buscamos ser protagonistas, só participar no cambio.

  • Consideramos a desigualdade como algo estrutural e baseada no poder.

  • O importante non é mudar sentimentos, o realmente importante é que exista liberdade para manifestalos sen estar influenciados por estereotipos.

Ideario pezas